martes, 16 de septiembre de 2008

Young Frankenstein


De 1974 (wikipedia dixit), é unha agradable versión do malentendido monstruo. Ten detalles do máis gracioso, e unhas salidas que para nada son previsibles (me la levanta? aquí, ahora??).

Está en branco e negro, e os cambios de escena e o ritmo lento que a veces adquire danlle un tono peculiar ó que non estou acostumada.

As persoaxes son pintorescas. Caricaturas de sí mesmos, esaxerados tanto en xesto como en actitude. Un pouco tolos todos eles...

Ten aspectos que me evocaron tenrura, incluso algo de tristeza (inducida claramente polo violín melancolico que pintaba algunhas das esceas). Pero en xeral foi moi divertido e sobre todo sorprendente polos toques de humor absurdo que tanto me gusta e por algúns detalles implícitamente sexuais.

Todo ten que ser Proporcional !!

O tinte ácido e de parodia que se aprecia ó longo de toda a película da un respiro ós que estedes un pouco fartos do medo enlatado e dos malos malísimos estereotipados.

No hay comentarios: